Ver carrito “Namaste” se ha añadido a tu carrito.

ELA

49,00

- +
Category:

Ela vivía nun mundo sen paredes. Por iso, parecíalle enorme, sentíase ceibe. Mais onde non hai paredes, non hai historia. Non hai enerxía, nin cambios, nin liberdade; non hai ela.

Sentíase inmortal polo único motivo de que non estaba vivindo.

Ela era Rosa. Ou Pomba. Ou Gala ou Lúa e tamén Soidade. Elas eran ela e viceversa. E todas entraron nese mundo pensando que o que estaban a facer era atopar algo mellor. Que sorte tiveron elas. Que sorte?

Entón, como cando un paxaro alza o voo, elas voaron e entraron no seu ceo. A saltiños primeiro, ás présas despois. Subindo en picado. E, no canto de voar e seguir voando, movidas pola escuridade que a elas lles alumaba, alzaron o voo e entraron naquel mundo.

Alí a Rosa florecía, a Pomba revoloteaba. Lúa poñíase polas noites as súas mellores Galas que a oprimían e non lle deixaban respirar a Soidade.

Eran grandes e libres.

A Pomba voaba sen sentirse soa. A Rosa brillaba coa Lúa. Sucedíanse os luxos e Gala facía acto de presenza.

Soidade non tiña paredes ás que contarlle os seus segredos.

Rosa non tiña sustento para seguir medrando e Lúa quería reflexar o seu brillo pero facíana sentir opaca. Mais iso era a perfección. A súa percepción da perfección (non a delas).

Alí a Rosa non florecía e a Pomba esquecera como mover as ás. As noites eran moito máis escuras e xa nada resplandecía.

Elas xa non eran ela, e viceversa. E non medraba.
E non reflectía.

E non alumaba.

E non planeaba.

Non voaba.

Non cantaba. Non lucía. Non buscaba. Non atopaba.

Non se tiña en pé.

E quitáranlle todas as paredes ás que agarrarse.

Que liberdade!

Cando algo é tan grande que xa non cabe nada máis, faise o silencio. Páranse os astros. Páranse a flora e a fauna. Páranse e abren os ollos.

A primeira bágoa despexa a vista. A segunda, limpa as feridas.
A terceira, rega as raíces.
A cuarta, espreguiza as ás.

A quinta, aclara a gorxa.

A gorxa rompe o silencio.

Ela voa de verdade e constrúe as súas paredes. Ela apóiase nelas, que xa son moitas e volven selo. Constrúe a súa historia. A dela.

Agora, ninguén as tira. Agora, saben que o amor non é dor. Saben que o amor sae dende dentro, dende elas mesmas. Cara elas mesmas. Saben que o amor é construír, é nacer.

Ela vive nun mundo sustentado polas súas paredes. Ela é enorme. É ceibe.

Que ninguén che quite nunca as paredes, convecéndote de que así serás libre.

Que ninguén che faga esquecer como voar.

Que ninguén che faga sentir sen brillo. Telas a elas. Búscaas. Constrúeas. Constrúete

Formación

Banda, Cámara

Formato

PDF, Papel